SERVIZOS / Arquivo Municipal
			
			
			
			
				
				
	
				
				
					- Avenida do Concello, 18. Planta baixa. 32430, Barral, Castrelo de Miño
 
- Teléfono: 988 493 000
 
- Fax: 988 493 100
 
- Enderezo-e: concello@castrelo.gal
 
- Horario: Luns a venres de 8:00 a 15:00.
 
						
				
				
			 
			
			
			Información
					
			O arquivo municipal do Concello de Castrelo de Miño contén toda aquela documentación que esta administración conserva en diferentes soportes desde o século XIX ata a data. Esta componse dun fondo documental producido polo propio concello, por outras institucións ou por persoas físicas e que pasaron a titularidade municipal.
A Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas,  recoñece aos administrados o dereito ao acceso á información pública, arquivos e rexistros, de conformidade co disposto na Lei 19/2013, de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Toda aquela persoa interesada en acceder ao fondo documental haberá de solicitalo nas dependencias municipais, cos límites marcados polo ordenamento xurídico, como a exclusión de todos aqueles que protexan a intimidade das persoas ou atenten contra a seguridade. Toda solicitude e consulta haberá de realizarse garantindo a conservación e integridade da colección, polo que baixo ningún concepto os documentos poderán saír do seu lugar de custodia.
			
			
			
			
	Normativa
	
	
	
	
			
						
			
			
			
			
	Localización