INSTALACIÓNS / Ocio
			
			
			
			
			
			
			Información
					
			
Parque infantil de Barral situado no Parque Náutico de Castrelo de Miño. Xérase  unha topografía artificial en madeira de piñeiro envorcada cara ao río Miño, cunha fisura artificial na que se incorporan nichos de diferentes xeometrías como hexágono, cadrado e círculo,  e bancos de madeira voados. Sobre a plataforma superior, descenden un tobogán tubo e unha  rampla. Xérase un plano inclinado de céspede, sobre o que se incorpora un rocódromo, e unha bancada de madeira de piñeiro.  Como elemento de remate final do corredor, execútase unha cabana-miradoiro realizada en taboleiros contrachapados.